E por fin amaneceu deixándolle dúas voluminosas bolsas nos ollos como dúbidas da noite en vela, aquela en que navegara entre o pasado e o presente con desigual acerto, nesa realidade sen coordenadas espazo-temporais que era a súa vida.David durmía feito un nobelo cando ela entrou preparar o almorzo. Nin sequera durmindo conseguía calar e as palabras sonámbulas e inconexas rompían aquela mañanciña sen luz de choiva omnipresente. Quen souber o que amaba en soños. Alba tivo por enésima vez a tentación de bicalo e por enésima vez reprimiuse. Non sabía por qué, pero non podía facelo. Non podía e, non obstante, non sabía se o fixera durante a vixilia. Entre a realidade e o soño Entre a contención e o desexo. Bailando entre ambas as dúas mentiras.
3/9/07
Vixilia
Rosa Aneiros
Publicado por
Tere Vilas
en
02:25
0
por alusiones
Etiquetas: hablan por mí, letras galegas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)