16/12/07

Temos catarro

-Quedamos?
-Vale. Sabes que botei moza?
-Non me digas.
-Si. Chámase Alba e temos catarro.

Ceamos xuntos na súa casa, conteille os pormenores da miña historia de amor e mocos e alegrouse moito ao verme tan contento, pero decateimente de que me miraba dun xeito estraño, coma se estivese sangrando electrodos polas pupilas. Pasara longos meses en tensión dándolle a entender que sempre estaría disposto como e cando ela quixese, pero por primeira vez sentíame relaxado, sen a obriga de descifrala.
Diego Ameixeiras